top of page

Quen somos?

Que é AREI?

AREI EUAT é unha asociación formada polos representantes dos estudantes da EUATAC (Universidade da Coruña).

Nace co fin de axudar aos estudantes da nosa carreira: Arquitectura Técnica.

Como o facemos?

Dende a asociación comprometémonos a axudarche no que poidamos.

- Estamos creando un banco de apuntamentos con material de todas as materias do Grado.

- Proporcionamos material e equipamento de préstamo para ir á obra.

- Temos na segunda planta da escola taquillas á túa disposición.

- Na páxina contamos cos calendarios de exames e horarios, e respondemos a tódalas dúbidas.

- Na cafetería temos a vosa disposición dous microondas para o seu uso durante a comida.

¡En caso de necesitar axuda non dubides en poñerte en contacto connosco!

Cando traballamos?

AREI EUAT é unha asociación nova. Naceu no curso 2015/2016 como asociación, cada día melloramos os nosos labores grazas a vós.

Mediante as redes sociais (Instagram principalmente), a web e o correo electrónico escoitamos as vosas suxestións diariamente para mellorar, polo que non dubidedes en poñervos en contacto connosco.

Quen formamos parte de AREI?

A asociación AREI EUAT está formada por representantes de alumnos da escola os que, de forma voluntaria, colaboramos para axudarvos a todos a mellorar a vosa formación.

bottom of page